Inspección técnica de edificios / Informe de Evaluación de Edificios (IAE)

Texto extraído de la información sobre el IAE de la Xunta de Galicia Que é o informe de Avaliación dos Edificios (IAE)? O informe de avaliación dos edificios (IAE) é un instrumento que acredita a situación na que se atopa un edificio en relación co seu estado de conservación, coas súas condicións de accesibilidade e ademais informa sobre a súa eficiencia enerxética. O seu contido é o seguinte: a) Datos de identificación do edificio, da súa propiedade e da persoa que subscribe o IAE. b) Descrición do estado de conservación do edificio e valoración final do seu estado segundo as deficiencias atopadas na inspección. c) Condicións básicas de accesibilidade do edificio e as súas dotacións en función das súas características. Definiranse as posibles medidas de adecuación para implantar no edificio, con criterios de flexibilidade, e o seu custo. d) Certificación da eficiencia enerxética do edificio. Indicarase a cualificación global do edificio e a cualificación parcial do consumo de enerxía ...